Solicitamos ao concello o parque infantil e beirarrúas ao longo da praia fluvial

Fai catro anos rogamos a creación dunha senda peonil entre o casco urbán e a praia fluvial, e pese o silencio administrativo, logrouse a consecución das beirarrúas entre a N-VI e o muíño.

Despois de solicitar fai dous anos a súa continuación, cun novo silencio administrativo, volvemos a repetir dita petición.

Nesta solicitude vai a continuación das beirarrúas ao longo do perímetro da área recreativa para conectar coas rutas de sendeirismo existentes, e a mellora da pista paralela á zona de baño do río Parga que proporcionaría maior seguridade aos viandantes (veciños/as, visitantes, scouts, peregrinos/as), aos bañistas da praia fluvial (na gran maioría nenas/os).

Tamén engadiamos unha vella demanda, o desenterramento da cara norte do muíño; un símbolo etnográfico histórico, cultural e patrimonial.

O Concello de Begonte pode acollerse ás distintas axudas/subvencións en concorrencia competitiva, de Turismo, Medio Ambiente da Xunta (esta anualidade potenciadas polos fondos NextGeneration da Unión Europea).

As mesmas contarían cunha elevada puntuación dada a súa situación en pleno Camiño Norte de Santiago, ademais de estar situado en Rede Natura 2000, ZEC Parga-Ladra-Támoga e Reserva da Biosfera Terras do Miño.

 

Parque infantil

Ante o desmantelamento do C.E.I.P. de Baamonde, solicitamos a cesión do parque infantil para o seu traslado á praia fluvial de Baamonde.

O parque, financiando integramente pola Deputación de Lugo só puido ser desfrutado polos pícaros dous cursos escolares. Este curso non pode ser utilizado ao estar as instalacións pechadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.