Contribuir, atender e defender o medio ambiente natural e arquitectura local, procurando exaltar os particulares valores destos aspectos dentro das suas características ambientais é un dos diversos fins do Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde.
O CERCUD recibirá unha subvención de 3.650 euros da Consellería de Medio Ambiente ao abeiro da orde de axudas para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.
O Servizo de Patrimonio Natural valorou en prioridade máxima (1 sobre 4) as actuacións plantexadas no Castaño de A Capela, máis coñecido como “Castiñeiro Milenario” ou “Castaño de Baamonde” situado no atrio da Igrexa de Baamonde.
50 aniversario
Este castiñeiro salvouse de converterse en achas, nas obras de ampliación e mellora da estrada Nacional VI no ano 1971, grazas á intervención de Víctor Corral.
O escultor encerrouse dentro do oco que albergaba o exemplar, limpou e saneou o seu interior deixando no oco interior do castiñeiro o seu sinal, un bonito altar no que tallou á Virxe do Rosario, patroa de Baamonde.
Os medios de comunicación fixéronse eco desta curiosa fazaña e foi tal o balbordo que se organizou, que o castiñeiro non puido ser cortado, quedando como un auténtico monumento vivo digno de toda admiración. Víctor Corral seguiuno coidando e en cada unha dos seus engurras que formou o tempo, tallou con gran coidado pequenos detalles de animais, mans, etc.
Outras actuacións
O CERCUD tamén solicitou unha axuda a Deputación de Lugo ao abeiro das subvencións destinadas ao desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patromonio natural, cultural e paisaxístico da Reserva da Biosfera Terras do Miño.