O CERCUD de Baamonde denuncia unha nova vertedura no río Parga

Posted on

O Centro Recreativo Cultura e Deportivo (CERCUD) de Baamonde denuncia a existencia dunha “nova vertedura contaminante” nas augas do río Parga.

Esta asociación apunta que a vertedura comezou “no día de onte”. A auga “baixa de cor marrón e cunha escuma e un inteso mal cheiro” que “alaga o ambiente” ao seu paso polo Club Fluvial de Baamonde.

Veciños de Baamonde din que é habitual ver o río neste estado “despois dun día de choiva”.

“Aproveitan as noites de choiva para que as verteduras non sexan vistas, pero sempre deixan rastro”, apuntan desde esta sociedade.

As verteduras procedentes “de zonas industriais perfectamente localizadas” sumada a “incapacidade” do tratamento das augas residuais “cuns recolectores de augas negras en mal estado” teñen estas consecuencias.

En anteriores ocasións “realizaronse analises de auga” nas que “confirmaban os vertidos” pero “sorprendentemente” as da administración daban negativo.

O CERCUD de Baamonde critica a actitude pasiva da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, da Xunta de Galicia a través de Augas de Galicia en algo que cualifican de “atendado contínuo contra o medio ambiente”.

Vertedura no río Parga. Imaxes en Baamonde

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *