Homenaxe Xoán Corral

Posted on

xoancorral

A Asociación Cultural Xermolos e o Centro Recreativo, Cultural e Deportivo (CERCUD), unen os seus esforzos para celebrar unha homenaxe “in memorian” a Xoán Corral.

A celebración do acto Central terá lugar o vindeiro sábado día 20, as 16’30 horas, nas instalacións da Área Recreativa de Baamonde.

Os actos iniciaranse co descubrimento, que realizará a súa viuda, dun monolito que contén unha lembranza inmortalizada en pedra, obra do escultor e canteiro Xabier Quijada.

De seguido darase paso a un acto lúdico no cal haberá distintas intervencións artísticas, literarias e de ilusionismo, combinando isto coa intervención de personaxes de distintos ámbitos que falarán sobre a figura do homenaxeado.

Rematarase cunha celebración gastronómica a base de produtos do pais co que a organización agasallará aos asistentes.

Subliñar que con motivo da homenaxe editarase un número da revista Guieiro, dedicado monograficamente a Xoán Corral, na cal colaboraron, entre outros, Luz Casal, Carlos Guardado, Miguel Pocovi, Carlos Blanco, Manquiña, Felipe Sénen…

One thought on “Homenaxe Xoán Corral

  1. De Todo Corazon Xoan Corral. Sonando que sigue en este Camino del Norte con tu amiga Conchi la Grande Mujer de la alberga de Baamonde.
    Para siempre en mi <3 los 2.
    BJ

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *